O Salón Internacional do Viño volve en abril a Vilagarcía

    vintech_100_100210_copia.jpgVILAGARCÍA> Vintech amosará os últimos avances en tecnoloxía vitivinícola, investigación e proxección nos mercados internacionais.

    {flowplayer}images/salnes/100210_vintech.flv{/flowplayer}

    Pretende converterse nun dos maiores expoñentes da innovación tecnolóxica e nunha plataforma de expansión do sector vitivinícola galego nos mercados internacionais. Trala primeira experiencia do 2007, Vintech, o Salón Internacional do Viño, Técnicas e Equipamento, volve este ano a Vilagarcía. De novo, a fundación Fexdega se está encargando de organizar o evento xunto á empresa Planner & Procelta. Será un salón especializado en tecnoloxía vitivinícola, no que terán cabida desde adegas ata centros de investigación, viñotecas ou hipermercados.

    Para a organización deste certame creuse un comité técnico integrado por representantes das administracións públicas galegas e as cinco denominacións de orixe vinícolas que posúe a comunidade: Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra. Xuntos deseñan as liñas deste certame, respaldado tamén por outro proxecto europeo de impulso ás novas tecnoloxías no sector: o Winetech.

    Os organizadores agardan acadar este ano unhas cifras de participación similares ás da primeira edición, cando máis de seis mil profesionais do sector participaron no Vintech. Pero no evento tamén haberá oco para outras actividades dirixidas a un público xeneralista.

    A pesar de ser un evento centrado no sector vinícola galego, a organización de Vintech prevé contar coa asistencia de profesionais doutros puntos de España, Europa e incluso América. De aí que se presente tamén como unha plataforma de promoción dos viños galegos a nivel internacional.

    Redacción Salnés