Sanxenxo segue no nivel alto e Meis pasará ao medio

O SALNÉS> O Concello de Sanxenxo pasará a Semana Santa en nivel alto e o de Meis verá incrementadas as restricións a partir do Venres Santo. Dende ese día, a localidade -que ten hoxe 6 casos- vaise situar no nivel medio, o que implica unha redución dos aforos na hostalaría. Estas son as únicas novidades que deixa a xuntanza desta mañá do Comité Clínico, un encontro que deixa ao resto de municipios da nosa contorna no nivel baixo.

Sanxenxo queda como está e durante a Semana Santa situarase no nivel alto de restricións. Así o propuxo hoxe o Comité Clínico que asesora á Xunta. Con 53 casos activos, a localidade enfróntase á ponte festiva coa hostalería a medio gas, só con servizo en terrazas ao 50% de aforo.

O Comité Clínico contempla tamén cambios en Meis. Con 6 casos activos e unha incidencia acumulada a 7 días de entre 125 e 250, a  partir deste venres, o municipio situarase no nivel medio. Iso tradúcese nunha redución dos aforos na hostalaría: terá un 30% no interior e un 50 nas terrazas.

O resto do mapa da nosa contorna sigue como estaba, con tódolos concellos no nivel baixo. A evolución da pandemia no conxunto de Galicia, din os expertos, é estable.

Precisamente, Sanidade avanza que non vai dete-la campaña de vacación durante os días festivos. O Conselleiro indica que Galicia debe seguir inmunizando sen pausas.

Precisamente, coa vista posta na vacinación, Sanidade traballa na creación dun certificado dixital informativo no que o usuario terá acceso a datos sobre que vacina e lote recibiu. O docuemento, indica o Conselleiro, mudarase polo europeo cando estea dispoñible.

Poderase acceder ao certificado dnede a aplicación Pass Covid e tamén dende E-saúde e Sergas Móbil. A intención de Sanidade é poñelo en marcha xa na primeira semana de abril.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí