![]()
SANXENXO> Sanxenxo celebrou o sábado os 30 anos da corporación democrática. Na foto de familia estiveron seis dos oito alcaldes …
{flowplayer}images/salnes/acto_sanxenxo.flv{/flowplayer}
SANXENXO> Sanxenxo celebrou o sábado os 30 anos da corporación democrática. Na foto de familia estiveron seis dos oito alcaldes que tivo o Concello, desde o primeiro Leopoldo González Agís ata a actual rexedora Catalina González.
Os ausentes foron Antonio Pérez e Ramón Guisasola, por motivos persoais e de saúde. Si estiveron no acto varios dos edís que formaron parte da corporación, entre eles, María Luísa Aguín e Dora Pérez, as primeiras mulleres concelleiras de Sanxenxo. Todos destacaron como nos inicios había unha mellor relación entre os concelleiros do que hai hoxe en día.
O primeiro alcalde da democracia Leopoldo González Agís foi quen abriu a rolda de discursos e propuxo ó actual goberno que se lembren deles nos actos oficiais. A actual alcaldesa Catalina González repasou as melloras conseguidas durante o seu mandato e prometeu aprender das experiencias dos seus predecesores.
No acto tamén participaron os ex alcaldes máis recentes, José Luís Rodríguez e Telmo Martín. Tralos discursos, os asistentes participaron nunha comida nun hotel de Aios.
Redacción Salnés








