![]()
VILAGARCÍA > O concello de Vilagarcía celebrou un pleno ordinario da corporación onde se debateron dúas mocións do PP e a subida das taxas …
… e impostos municipais. Un pleno tenso pola presencia dos veciños da Laxe e Castroagudín que se presentaron na sala con pancartas co obxectivo de facer escoitar as súas queixas. O primeiro pleno ordinario serviu para que se deixaran ver os primeiros conflictos veciñais.
Tanto os veciños da Laxe como os de Castroagudín entraron no salón de plenos coas súas pancartas para pedirlle os políticos que intercedan para se solucionen os seus problemas. No caso dos veciños de Castoagudín, o seu representante demandou a construcción do viaducto e puxo entre dito o peso do goberno na xunta para solucionar os problemas.
Os veciños da Laxe preguntáronlle ó goberno porque non responderán as preguntas feitas no rexistro con respecto as medidas que se poden tomar para mellorar o estado do río do Con o seu paso por A laxe, e evitar os desbordamentos. A maioría dos puntos da orde do día eran ocupados pola actualización das ordenanzas municipais, unha decisión polémica, que puxo en xaque a maioría dos grupos políticos
As ordenazas foron aprobadas todas por unanimidade polo voto de calidade da alcaldesa, co voto en contra do PP e EU e a abstención de IVIL
O últimos puntos que se trataron foron as 2 mocións presentadas polo Partido Popular, o cal acusou ó goberno de falta de diálogo A primeira desas mocións, fixo referencia á petición do PP para actualizar o plan de emerxencia. Os populares aluden así os feitos ocorridos tanto nas inundacións do pasado ano como ó incendio do edificio Dorna que sen poñer en dúbida a profesionalidade dos bombeiro e protección civil, afirman hai unha grande descoordinación. O voto foi a favor por unanimidade e a alcaldesa adquiriu o compromiso de levalo ó cabo
A segunda das mocións presentada tamén polo PP para que comparecera a alcaldesa en relación ó incendio do edificio Dorna producido fai escaso días no centro de Vilagarcía. Dolores García informou que no vindeiro pleno presentará un informe detallado do acontecido.
Redacción Salnés






