![]()
O GROVE> O retraso malicioso da concesión da licenza para a pousada da Lanzada, pode ser constitutivo de delito penal. Cacabelos recoñeceu, publicamente, que poría tódalas trabas posibles a este iniciativa.
{flowplayer}images/salnes/POUSADA_A_LANZADA.flv{/flowplayer}
O organismo provincial tamén toma en conta, a parte das palabras do alcalde, as declaracións efectuadas polo concelleiro e portavoz do BNG, Carlos Álvarez Besada, que dixo literalmente o pasado 16 de febreiro, que se as obras fosen para manter a Escola de Hostalería e mellorala, tiñan a licenza mañá. Dende a Deputación sinálase que a concesión é un acto reglado, que unicamente require do Concello a verificación do cumprimento de determinados requisitos obxectivos. Trátase dun dereito previo e preexistente do peticionario que, en ningún caso, se pode denegar ou retrasa arbitraria ou maliciosamente.
A institución provincial lembrou que a súa solicitude de licenza foi presentada fai 3 meses, e que días antes de cumprirse o prazo legal, o concello demandou nova información. Dende a Deputación, opínase que este acto tiña como obxectivo entorpecer e dilatar o proceso, e engaden que non teñen inconvinte en presentalos certificados.
Respecto das manifestacións do alcalde de O Grove, de que a instalación da pousada suporá eliminar a Escola de Hostalaría, fontes da institución provincial negaron rotundamente que fose a ser cancelada.
Pola súa parte, Carlos Álvarez Besada, afirma que a súa expresión sobre que a licenza a terían mañá, refírese a unha expresión coloquial que. engade o concelleiro, recolle que o concello non ten problemas para autorizar obras menores de mantemento. Do mesmo xeito, sinala que o posicionamento político do goberno municipal de O Grove, é contrario á construción dun negocio privado con fondos públicos, nun espazo que actualmente cumpre unha función social de formación e promoción do emprego.
Redacción Salnés









