Villar asegura que a selección inaugurará Pasarón

rfef250_240210.jpgPONTEVEDRA> O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán recibíu hoxe a visita do seu homólogo na Federación Española de Fútbol, Ángel María Villar. Ambos mantiveron unha xuntanza xunto a outros mandatarios nos que trataron temas de verdadeira relevancia, como a posibilidade de que a selección española inaugure oficialmente o estadio de Pasarón.

{flowplayer}images/salnes/rfef_240210.flv{/flowplayer} 

O compromiso está enriba da mesa. A selección española absoluta podería inaugurar oficilamente o estadio de Pasarón. O único que falta saber é cando. Federación e técnicos valorarano e p róximas datas pero o máis probable é que sexa o vindeiro ano nun dos partidos de clasificación para a Eurocopa de 2012.

Por outra banda, Rafael Louzán fíxolle saber ó mandamáis do fútbol español a súa intención de que Vigo sexa considerada como posible sede na candidatura que España e Portugal presentarán conxuntamente para acoller o Mundial, ben do 2018 ou do 2022. A cidade olívica terá que pelexalo con outras 25 candidatas. 

Ángel María Villar, que mañá estará en Santiago, tamén comprometeuse a colaborar dende a Federación e coa Deputación noutros proxectos, como na remodelación do campo de Coia.

Redacción Salnés