![]()
CAMBADOS> A xuíza, finalizou en dúas semanas o expediente que ó que non fixo fronte en dous anos. Sen embargo, Maíz podería seguir en liberdade ata que se celebre o xuízo.
{flowplayer}images/salnes/AUTO_ASASINO_MARILUZ.flv{/flowplayer}
Eva Moreno redactou o auto despois de que o acusado, Jaime Maíz, quedara en liberdade por un suposto erro xudicial, ó firmar a xuíza a prolongación da prisión preventiva fora de prazo. A acusación particular, que representa á familia da vítima, cree que foi a presión social a que propiciou que Eva Moreno decidise resolver un expediente que esperaba no seu despacho dende hai máis de dous anos. Segundo o avogado Laureano Barreiro, no auto da xuíza, incluso ela fala de asasinato e o fiscal tamén califica os feitos como tal. Engade que, eles tamén van facelo. O irmá de Mari Luz, Antonio Posse, afirmou que se non se houbera dilatado tanto a auto, Maíz non estaría na rúa. O código penal recolle que a condena por asasinato é de quince a vinte anos de prisión.
Pero aínda quedan dúas cuestións que preocupan á familia. A primeira, é que a xuíza non inclúe no expediente as acusacións de malos tratos que o presunto agresor inflixía á vítima, e que foron as que levaron, esa fatídica noite, a Mari Luz Posse a denuncialos no cuartel da Garda Civil. Se os delitos fosen conexos, tería que ser un xurado profesional o encargado de dictalo fallo. Pero si só se inclúe a acusación por asasinato, o máis probable é que sexa un xurado popular.
Por outra parte, aínda está pendente de resolución o recurso presentado por a familia en contra da liberdade condicional do acusado. Laureano Barreiro se teme que coas dilixencias previas xa concluídas vai ser rexeitado. Se os prazos non se retrasan, a vista debería ter lugar dentro duns seis meses.
Redacción Salnés






