![]()
CAMBADOS> A Comisión organizadora contou por primeira vez coa participación de representantes das consellerías de Cultura e Presidencia.
{flowplayer}images/salnes/200709_comision_cabanillas.flv{/flowplayer}
A Comisión organizadora do Ano Cabanillas reuniuse no Pazo de Torrado para dar conta da programación cultural deseñada ata final de ano. Na xuntanza estiveron presentes por primeira vez representantes das consellerías de Cultura e Presidencia, que felicitaron á Comisión polo seu traballo e comprometéronse a respaldar este evento. A programación de verán do ano Cabanillas arrincará este xoves coa inauguración da exposición “Cabanillas e os seus artistas”. A mostra constitúe en repaso polas obras e creadores vinculados ó poeta cambadés, como é o caso de Castelao, Lloréns, Maside ou Francisco Asorey. Este é un dos pratos fortes organizados pola Comisión do Ano Cabanillas, que esta mañá se reunía no pazo de Torrado para dar conta de tódolos actos que se van a levar a cabo de aquí a finais de ano. A esta mostra artística sumarase outra exposición fotográfica sobre a biografía do bardo e varios recitais nos que se fundirán poesía e música.
O nove de novembro, 50 aniversario da morte de Cabanillas, será lembrado dun xeito especial. Ademais da edición desta escolma, os actos conmemorativos do día nove incluirán unha homenaxe no Panteón de Galegos Ilustres.
Nesa mesma semana está prevista a convocatoria dun Congreso de Poesía, e xa no sábado 14 de novembro terá lugar o plenario da Real Academia Galega no que se pecharán os actos na honra de Cabanillas. O rexedor cambadés tamén anunciou que a escultura de Cabanillas realizada polo artista Lucas Míguez xa está rematada, e en breve chegará a Cambados procedente de Madrid.
Redacción Salnés





