POBRA> O saneamento integral da Ribeiriña e O Conchido será unha realidade o próximo ano. A segunda fase comezará a acometerse en maio.
{flowplayer}barbanza/saneamentoribeirina.flv{/flowplayer}
Tan só uns días despois de rematar a primeira fase, acometida pola empresa Proyecón Galicia, cun orzamento de 589 mil euros, o concello da Pobra vén de presentar a segunda fase do proxecto de saneamento da Ribeiriña e do Conchido.
A actuación que conta cun orzamento de 676 mil euros financiados pola Consellería de Medio Ambiente, irá a pleno o próximo 25 de marzo e unha vez aprobado o proxecto sairá a licitación co que os traballos poderían dar comezo no mes de maio.
As obras consistirán na recollida de augas residuais, de xeito separativo para pluviais e fecais, transportándoas mediante un sistema de impulsión ata o colector consturído na primeira fase. Tódalas instalacións irán soterradas en zanxa coa posterior reposición do pavimento afectado.
Resposta á oposición
Xa co proxecto na man, o alcalde, Isaac Maceiras, quixo agradecer a colaboración de Augas de Galicia así como felicitar ós veciños que se verán beneficiados por esta actuación. Do mesmo xeito, quixo respostar ás críticas vertidas no seu día polo BNG ó denunciar que non existía partida presupostaria para esta actuación.
Con esta gran obra que ascende a 1.300.000 euros na súa totalidade, o concello da Pobra da un paso máis para conquerir o sanemaento integral en todo o municipio.
Redacción Barbanza