Rianxo busca máis propietarios interesados en rehabilitar as súas vivendas

    aririanxo_100_050310.jpgRIANXO> A área de reahilitación integral de Rianxo xa ten comprometido financiamento para un total de cincuenta vivendas.

    {flowplayer}barbanza/aririanxo.flv{/flowplayer}

    O pasado mes de decembro abría as súas portas a oficina da Área de Rehabilitación Integral de Rianxo. Nas dependencias, que están situadas na zona do Adro, pódense tramitar as axudas á restauración das vivendas incluidas no casco antigo e nos núcleos de Rianxiño e Fincheira co obxectivo de promover nestes núcleos históricos a recuperación daqueles espazos máis degradados a través de achegas públicas..

    Na oficina, que xestionará e tramitará as axudas, traballan un arquitecto, unha avogada, un arqueólogo e unha administrativa. Eles serán os encargados de dar información ós propietarios das vivendas, tramitar as axudas e realizar o seguimento das obras. Segundo informou o rexedor rianxeiro, xa teñen comprometido financiamento ata u total de 50 vivendas

    Prazo aberto

    O prazo para a solicitude de subvencións está aberto ata o vindeiro 27 de abril. A axuda á que poderán acceder os propietarios de vivendas integradas nesta ARI ascende ó 80% do custe total das obras a fondo perdido ata un máximo de nove mil euros.

    A oficina funcionará ademais coma un portelo único de vivenda, ó que poderán acudir tódolos veciños que o desexen, onde se lles dará información e asesoramento en todo canto precisen.

    Unha das súas funcións será tamén a de tramita-las solicitudes daqueles rianxeiros que pretendan acceder a unha vivenda de protección pública. A intención do executivo é que estes pisos poidan ser unha realidade a partir do ano 2011.

    Redacción Barbanza