![]()
MEIS> Dous veciños de Sanxenxo leváronse hoxe un bo susto por mor dunha avaría mecánica no vehículo no que circulaban.
Sobre as once menos cuarto desta mañá viron como saía fume do turismo, un Opel Corsa, o coche quedóuselles parado en plena autovía do Salnés e comezou a arder. Deulles tempo a saír e sacar o imprescindible do vehículo, que quedou calcinado por completo en cuestión de minutos.
O suceso aconteceu no quilómetro 1 da autovía do Salnés, no termo municipal de Meis, pouco antes de chegar ó acceso á autoestrada AP9. Ese era o camiño que ían coller, xa que os ocupantes do turismo, unha muller e un home, dirixíanse a Santiago para recoller o seu novo coche nun concesionario e deixar o vello en depósito.
O incendio foi sufocado polos Bombeiros do Servizo de Emerxencias de Sanxenxo e ata o lugar do suceso tamén se desprazou a Garda Civil de Tráfico.
Redacción Salnés









