A adxudicataria do ramal do Porto terá que limpar o regato de Fonsín

    regato copia100.jpgVILANOVA> Augas de Galicia obriga á empresa a repoñer o manto vexetal para evitar a erosión, e imponlle unha multa de 4.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/SENTENCIA_ROTONDA_RAMAL_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Inundacións en casas dos lugares de Fonsín e San Simón, na parroquia vilanovesa de Baión, e problemas na circulación, son algunhas das consecuencias das obras do ramal do porto que o Ministerio de Fomento realizou na zona no 2008. Unha situación provocada pola acumulación de pedras e barro no leito do regato, derivada da falta dun manto vexetal no trazado.

    Na resolución de Augas de Galicia á denuncia presentada pola Policía Local de Vilanova e o concello, o ente autonómico impón unha multa de 4 mil euros á empresa responsable dos traballos, ademais de establecer o prazo dun mes para limpar o río e dispor o manto vexetal.

    Ante as protestas dos veciños, o concello optou por subir o camiño para evitar cortes na circulación. Solución que resultou insuficiente tralo vertido de máis escombros dentro do río. De aí que o alcalde esixa unha actuación inmediata.

    Redacción Salnés