Louzán presenta a mellora da Estrada Caldas-San Clemente

    estrada_caldas100.jpgCALDAS> Supón o ensanche e a mellora do tramo Caldas-Aboi. As obras comezan en xaneiro, cun orzamento de máis de 1,2 millóns.

    {flowplayer}images/salnes/OBRAS_CALDAS.flv{/flowplayer}

    Rafael Louzán deu a coñecer o sábado na Revexa o proxecto de remodelación do tramo Caldas-Aboi ós veciños da zona. O proxecto, prevé definir as características técnicas necesarias para levar a cabo a mellora da seguridade viaria no tramo de estrada provincial 8002 Caldas-San Clemente, cunha lonxitude de máis de dous kilómetros. A razón: o estado actual non reúne as características técnicas mínimas esixidas para este tipo de viario, cun ancho de seis metros ou inferior.

    Os veciños da zona que acudiron á presentación do proxecto, aseguraron que a mellora é moi necesaria e que se ven reclamando dende fai moito tempo.

    Esta obra está dotada dun orzamento de máis de 1.263.000 euros. Licitarase este mércores, e logo do proceso de adxudicacións, comezará a principios do 2011.

    Para paliar estas deficiencias, o proxecto recolle diferentes solución en función do tramo e do estado deste. Para esta primeira fase, que discorre polo núcleo urbano de Caldas, respectaranse as aliñacións previstas no planteamento urbanístico vixente.

    Redacción Salnés