Novo capítulo na batalla sen tregua polo ascenso

preferente250_120310.jpgSALNÉS> Na Preferente Sur agárdanos unha xornada interesante. Por arriba continúa a estar apretadísima a clasficación polo que cada tropezo ou cada victoria de aquí ó remate da liga cobra unha maior importancia. Haberá derbi na Senra entre Ribadumia e Portonovo mentres que o Sanxenxo visita ó Barbadás e o Arousa ó Tomiño.

Co apretada que está a Preferente Sur pola parte alta da xeral, de aquí ó remate de liga será unha batalla sen tregua polos dous primeiros postos da clasificación. Trátase de non errar e iso tentará facer o Portonovo que visita a Senra no derbi da xornada ante o Ribadumia. Partido que se prevé igualado polo bo momento que atravesan os de Carducho, que só perderon dous encontros dos últimos catorce. Iso sí, contra eles está o dato de que nesta temporada non venceu en ningún dos seis derbis que disputaron. No cadro branquiazul, Rial non poderá contar con Pablo, que continúa lesionado, mentres que Fiti será dúbida. Iso sí, recupera na zaga ós sancionados da semana pasada Segura e César.

O Sanxenxo continúa co seu periplo de encontros ante rivais da parte alta da táboa. Os de Calucho mantéñense na loita pese a traxectoria irregular nas últimas semanas. A victoria do pasado domingo ante o líder Choco debe darlles moral para afrontar o partido ante o Barbadás, un rival directo.

Mentres o Arousa aínda soña co ascenso, pero os vilagarciáns saben que calquera picazo descartaríalles da pelexa. Visitan ó cuarto pola cola, o Tomiño, aínda que con numerosas baixas. Santos e Juanito non estarán seguro, mentres que Nelo, Zaca, Álex e Miguel Cobas, con diversos problemas físicos, son dúbida.

O Cambados será o primeiro en xogar. Faino no único partido adiantado á xornada do sábado. Visita a un Covadonga ferido no seu orgullo polo 7-0 que encaixaron en Baltar. O partido prevese tenso despois dos incidentes vividos na primeira volta en Burgáns. Unha victoria amarela alonxaríalles case definitivamente da parte baixa da táboa.

Redacción Salnés