Ferido un motorista ó ser alcanzado por un todoterreo

    accidente_moto100.jpgVILAGARCÍA > Un motorista resultou ferido nun accidente ocorrido esta fin de semana na Avenida Rodrigo de Mendoza, no entorno de Fexdega.

    A policía local e máis unha ambulancia do 061 desprazáronse ata o lugar do sinistro, que tivo lugar sobre as oito da tarde do pasado venres. O accidentado cunha ferida aberta nunha perna foi trasladado a un centro sanitario. Os axentes tiveron que regular o tráfico, que se veu interrompido ó quedar o condutor da motocicleta tirado no chan, tras ser embestido por un vehículo todoterreo BMW.

    accidente_moto200.jpgSegundo testemuñas do accidente, o todoterreo infrinxiu un sinal de prohibido xirar á esquerda e saltouse unha liña continua levando por diante ó mozo que conducía unha Scooter. Durante case unha hora o motorista estivo inmóbil tendido no chan co casco posto, primeiro esperando á ambulancia e logo sendo atendido no lugar polos servizos médicos. O accidente foi presenciado por numerosas persoas que paseaban pola zona e polos que enchían a terraza dun bar próximo e xerou moita expectación.

    Redacción Salnés