Gañar é poñer pé e medio na fase de ascenso

extrugasa250_180310.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa afronta esta fin de semana un partido clave de cara a meterse na fase de ascenso. Recibe ó equipo que lle precede na táboa, o Uni CajaCanarias. Se vencen as vilagarciáns aseguraríanse, salvo debacle, unha praza entre os catro primeiros.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_180310.flv{/flowplayer} 

Gañar significa practicamente poñer pé e medio na fase de ascenso. Con cinco partidos por xogar e tres victorias de marxe sobre o quinto posto podería ser moito máis que suficiente, sobre todo tendo en conta que restan tres encontros ante os tres últimos clasificados. Por iso vencer é certificar o pase e non facelo, pospoñelo un par de semanas máis. O Extrugasa afronta o tramo final de liga cun ollo posto na fase de ascenso da que poderían ser organizadores.

O rival do sábado é o segundo na xeral, o Uni CajaCanarias, que venceu na ida ás vilagarciáns por seis puntos de diferencia (67-61). Tito Díaz ve ó conxunto insular como un equipo difícil de batir pero non cree que este encontro sexa decisivo.

Todorova e Montse Gilabert continúan a arrastrar molestias pero estarán na cita sen problemas. O partido dará comezo ás 19:30 do sábado.

Redacción Salnés