O Diablillos Rivas marca as diferenzas nos Campionatos de España de Triatlón por Clubs e Relevos Mixtos

BOIRO> A localidade acollía esta pasada fin de semana os Campionatos de España de Triatlón por Clubs e Relevos Mixtos. As dúas probas, organizadas pola Federación Española de Triatlón, contaron coa participación duns 1.200 atletas chegados de diferentes clubs de todo o ámbito nacional.

Satisfacción no executivo boirense polo resultado a nivel participativo e de organización dos Campionatos de España de Triatlón por Clubs e Relevos Mixtos celebrados esta pasada fin de semana na localidade, no entorno da praia de Barraña. Nas dúas probas participaron uns 1.200 atletas chegados dende diferentes clubs de todo o ámbito nacional. Foi un paso máis despois das competicións de duatlón celebradas en anos anteriores con idénticos resultados.

O sábado disputouse o Campionato de España de Triatlón por Clubs. En Primera División masculina a vitoria foi para o Diablillos Rivas Mar de Pulpí. Na segunda praza quedou o Arcade Inforhouse Santiago e en terceiro lugar o Fasttriatlón CN Montjuic.

En Segunda División o trunfo foi para o ANB Triathlon Team Portugaletekoa, seguido do Triatlón Arena Alicante e o Marlins Triatlón Madrid.

En canto á Terceira División masculina o podio por equipos foi para Triatlón Ferrol, seguido do Club Triatlón Águilas Primaflor e o Olímpico de Vedra, que xunto ó Triatlón Arteixo suben de categoría e estarán o vindeiro ano en Segunda.

Xa na xornada do domingo disputouse o Campionato de España de Triatlón de Relevos Mixtos: unha competición que volveu a estar dominada polo Club de Triatlón Diablillos de Rivas Mar de Pulpí. A carreira foi dende un primeiro momento moi igualda, con varios equipos alternándose na primeira posición da proba. Pero non foi ata as dúas últimas postas, as realizadas por Marta Pintanel e Iván Gil, cando os madrileños lograron afianzar o seu trunfo. Por detrás deles comnpletaron o pódio nesta proba o Cidade de Lugo, que quedou segundo, e o Fasttriatlón CN Montjuic  que acaou levándose o bronce. Na categoría open, a vitoria foi para o E-Triatlón Valladolid, segudo do ADSevilla o EQTR Rodacal Beyem.

En canto á proba popular, en distancia SuperSprint, o trunfo foi para María Filgueiras e Iván Rego en categoría infantil e Henar Diana e Pablo Freire na absoluta.