A Pobra acolle este domingo a sétima edición da Subida á Curota

POBRA> Este vindeiro domingo disputarase na Pobra a sétima edición da Subida á Curota.

A competición, que mestura atletismo e ciclismo, arrancará ás cinco e media da tarde, coa proba de BTT, para posteriormente desenvolver a carreira a pé.

Os participantes deberán completar unha distancia de 9 quilómetros nun circuíto que ten a praza Alcalde Segundo Durán como punto de partida e A Curota como meta.

As inscricións formalizaranse a través da páxina web de emesports. poderán realizarase ata mañá xoves.

Dende a organización agradeceron a colaboración de Sport Bike e do Motoclub SinFrenos, así como tamén da agrupación de voluntarios de Protección Civil, que velará pola seguridade dos participantes.