Meis e Ribadumia organizan unha peregrinación ás Cabezas

    armenteira100.jpgMEIS> O vindeiro cinco de abril o Mosteiro de Armenteira acolle a tradicional Romaría das Cabezas, …

    {flowplayer}images/salnes/peregrinacion.flv{/flowplayer}

    MEIS> O vindeiro cinco de abril o Mosteiro de Armenteira acolle a tradicional Romaría das Cabezas, na que participan milleiros de persoas de toda a comarca do Salnés. Moitos deles fan o percorrido a pé e este ano ademais teñen a posibilidade de facelo a través da Ruta da Pedra e da Auga.

    Os concellos de Meis de Ribadumia organizaron para esa xornada unha peregrinación que partirá ás dez e media da mañá da rotonda do Castañal, onde os muíños de Barrantes, seguirá logo polos muíños de Serén ata chegar ó Mosteiro de Armenteira.

    O Concello de Meis estima que anualmente participan na Romaría en honra á Virxe das Cabezas entre doce mil e quince mil persoas. A parroquia de Armenteira lembra que esta é unha tradición que xa vén de séculos.

    Trala misa e procesión da unha da tarde, os romeiros da primeira peregrinación pola Ruta da Pedra e da Auga terán un xantar a base de empanada, polbo e carne ó caldeiro nunha carpa que se instalará preto do colexio e da casa de cultura de Armenteira. As invitacións poderanse adquirir nos concellos de Meis e Ribadumia a un prezo de 20 euros.

    Redacción Salnés