Os veciños de Castroagudín chegan a un acordo ca CPTOPT

    castroagudin_100.jpgVILAGARCÍA > Os veciños de Castroagudín deixaron esta mañá de montar garda debaixo da bóveda das obras da futura variante de Vilagarcía.

    O cese das mobilizacións destes vilagarciáns é a consecuencia directa da última xuntanza que mantiveron hoxe con representantes da Xunta. Os veciños saíron moi satisfeitos ca solución acordada entrámbalas dúas partes.

    Dito acordo vai a supoñer unha baixa na altura da variante que cubre a veiga en cinco metros de altura; ademais doutras obras a xeito de compensación; como serán o ensanchamento da estrada que se dirixe ó encoro, á reestructuración do Campo da Fonte, a execución de dous parques infantís e outras melloras na casa da cultura da parroquia.

    Este é o final de case catro meses de mobilización onde os 80 veciños se repartiron en quendas para emprender distintas medidas de presión, entre elas, a de permanecer no lugar das obras para evitar que seguisen adiante, segundo un proxecto substancialmente distinto o que a eles lle ensinaran nun principio. Agora séntense satisfeitos do froito da súa unidade como pobo.

    Redacción Salnés.