![]()
SANXENXO> Turismo de Sanxenxo pretende converter a Casa de Don Fernando, situada en Portonovo, nunha casa do mar, …
… con aulas para formación en diversos oficios como o de redeiras, e con salas de exposicións do seu traballo e doutros aparellos relacionados co mundo mariñeiro.
Para financiar a rehabilitación e o acondicionamento deste histórico inmoble de titularidade pública, Turismo de Sanxenxo solicitará axudas ó Grupo de Acción Costeira. A alcaldesa Catalina González destaca que é un proxecto de moita envergadura e que se presentará ó GAC en dúas anualidades. Turismo de Sanxenxo tamén buscará financiamento e colaboración doutras administracións para acometer este proxecto.
Outra das iniciativas que se presentarán ás subvencións do GAC é un programa de visitas guiadas á vila de Portonovo, destacando o casco antigo, a praza de abastos, as tradicións, e as súas xentes. A empresa mixta está a preparar tamén outra ruta centrada na actividade do porto de Portonovo, con visita á lonxa para ver a subhasta do pescado, charlas do persoal relacionado co mar, e degustación de produtos típicos en bares e restaurantes da vila.
O Consello de Administración de Turismo de Sanxenxo aprobou onte o presuposto para este ano, que ascende a 214 mil euros.
Redacción Salnés









