![]()
CAMBADOS> A Xunta e mailo Concello de Cambados colaborarán na procura dun emprazamento para construír un novo edificio xudicial na vila.
{flowplayer}images/salnes/rueda_en_cambados.flv{/flowplayer}
CAMBADOS> A Xunta e mailo Concello de Cambados colaborarán na procura dun emprazamento para construír un novo edificio xudicial na vila.
O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, visitou hoxe os xulgados cambadeses, actualmente en obras para instalar o aire acondicionado. Acompañado do xuíz decano, Rueda percorreu as instalacións e comprobou a falta de espazo que teñen os catro xulgados que alberga este edificio, sobre todo o cuarto, situado no faiado.
Rueda acudiu a Cambados acompañado do director xeral de Xustiza e do delegado da Xunta en Pontevedra. Antes de visitar os xulgados, reuníuse no Concello co alcalde Luís Aragunde. Amais de buscar terreos para o novo edifico xudicial, o Concello comprometeuse tamén a atopar un baixo para albergar o rexistro civil o que permitirá dispor de máis espazo para o arquivo dos xulgados.
A Xunta ten en marcha un plan de infraestruturas xudiciais para os vindeiros seis anos ó que destinará 100 millóns de euros. Nel tamén se inclúe un novo edificio para Vilagarcía que custaría uns 3 millóns. Ante a petición dun cuarto xulgado para esta cidade, Rueda explicou que non se atendeu este ano porque de común acordo co Tribunal Superior de Xustiza de Galicia se entendeu que hai outras zonas con máis carga de traballo. Inda así recoñeceu que hai necesidade e adiantou que se solicitará ó Ministerio de Xustiza un xuíz de reforzo para Vilagarcía.
O obxectivo da Xunta é chegar ós 36 xulgados, como lle propuxo o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Redacción Salnés







