A Xunta cita en abril ós afectados polo modificado do enlace de Curro

    macro_enlace_curro.jpgMEIS> A consellería de Medio Ambiente iniciou os trámites para ocupar os terreos afectados polas obras do proxecto modificado do macro enlace de Curro.

    Nos vindeiros días o Diario Oficial de Galicia publicará a resolución coas datas para o levantamento de actas previas á ocupación, por trámite de urxencia, para a expropiación de bens e dereitos afectados polo proxecto modificado. No Concello de Meis os titulares estarán convocados para os días 26 e 27 de abril e no Concello de Barro para o día 28. Os afectados han de acudir co DNI e co último recibo da contribución.

    As obras neste enlace xa comezaron naquelas zonas que non están afectadas polo proxecto modificado. A Xunta lembra que se atenderon as reivindicacións veciñais e que se reduciu ó mínimo o impacto sobre as áreas residenciais. Ademais suporá unha conexión directa do polígono industrial Barro Meis coa rede de alta capacidade que conflúe nesta zona.

    O enlace terá tres niveis e actuará de intercambiador de tráficos entre a AP-9, a autovía do Salnés, a futura autovía a Vilagarcía, a futura A-57 e tamén para as estradas da zona a PO-531 Pontevedra – Vilagarcía e a PO-300 que une Meis con Ribadumia. Tamén se habilitarán carrís para movementos exteriores. O presuposto da obra ascende a 36 millóns e medio de euros e espérase tela rematada a mediados de 2012.

    Redacción Salnés