Cacabelos ve na decisión de Lamelas unha estratexia para as municipais

    jose_cacabelos100.jpgO GROVE> O alcalde respecta a decisión de Xan Lamelas, pero cre que detrás hai unha estratexia política de cara ás municipais.

    {flowplayer}images/salnes/cacabelos.flv{/flowplayer}

    O GROVE> O alcalde de O Grove respecta a decisión tomada polo concelleiro de EU, Xan Lamelas. Non discute os motivos, pero si os cualifica de estratexia política de cara ás eleccións municipais. O rexedor meco sae ao paso das declaracións publicadas por representantes de Esquerda Unida, con motivo da dimisión do seu edil, Xan Lamelas.

    José Antonio Cacabelos amosa respecto pola decisión tomada polo ata agora edil de Traballo. Manifesta que no Goberno local seguen contando con EU para tomar decisións políticas e que deixan a porta aberta para que de novo, forme parte do cuatripartito. Aínda así, o alcalde ve no movemento de EU unha estratexia política de cara ás vindeiras eleccións municipais.

    Cacabelos asegura que non quere entrar en polémicas e agarda que o novo escenario político non se converta nun bloqueo continuo por parte de Esquerda Unida, formación coa que contan para a aprobación de futuros acordos. O Alcalde asumirá, de momento, as tarefas que tiña Lamelas no Goberno local, Persoal, Emprego e Xuventude.

    Redacción Salnés