A CIG valora de forma positiva os acordos acadados no novo convenio do sector da conserva

VILAGARCIA> Fin ao conflito no sector da conserva. Os sindicatos da CIG e UXT xunto coa patronal asinaron o novo convenio colectivo. No acordo, as empresas comprométense a pagar as retribucións pendentes como máis tardar na nómina de maio. Ademais, no mes de abril comezarán as reunións da comisión técnica co obxectivo de, nun prazo máximo de 4 anos, equiparar os salarios dos grupos profesionais, garantindo a igualdade entre homes e mulleres.

Despois de moitos meses de negociacións e mobilizacións, a patronal e os sindicatos da CIG e UXT asinaron o novo convenio colectivo do sector da conserva. Un convenio cualificado como histórico por parte da CIG e que na acta final garantiuse que se abonasen o antes posible os salarios e retribucións pendentes.

Este convenio inclúe a creación dun comité técnico que nun máximo de 4 anos velará por conseguir a equiparación salarial entre os diferentes grupos profesionais, garantindo a igualdade entre homes e mulleres.

Este é un dos puntos cos que non estaba de acordo o sindicato de Comisións Obreiras, ao considerar que a patronal podería poñer trabas ao comité e non acadar a equiparación salarial. Dende a CIG defende que se isto ocorre volverá a mobilizarse.

A comisión estará formada por representantes dos sindicatos e da patronal na mesma cantidade. A primeira reunión terá lugar en Vigo e nela estableceranse a ruta a seguir por esta comisión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí