Sagrario Franco toma posesión como presidenta da Autoridade Portuaria

    sagrario_portocopy.jpgVILAGARCÍA> No seu discurso resaltou que as claves para convertelo Porto nun referente son a colaboración, a coordinación e a integración.

    {flowplayer}images/salnes/SAGRARIO_FRANCO_PORTO_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    Trala toma de posesión do seu cargo, Sagrario Franco Malvar comezaba a súa andaina coma Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, agradecendo o traballo feito neste Porto polo seu predecesor, Javier Puertas. Ó tempo, salientaba que a través da coordinación, a colaboración e a integración tentará facer tanto do Porto coma de Vilagarcía un referente.

    Na necesidade desas colaboracións tamén baseou o seu discurso a alcaldesa en funcións do concello de Vilagarcía, Marta Rodríguez. Ambas institucións, asegurou, perseguen os mesmos obxectivos.

    E foi a Conselleira do Mar, Rosa Quintana, a encargada de pechalo acto. Ademais de destacalo potencial do Porto de Vilagarcía, fíxolle unha petición á nova Presidenta da Autoridade Portuaria.

    Entre os asistentes tamén se atopan o Presidente de Portos de Galicia, as Conselleiras de Sanidade e Facenda, o Subdelegado do Goberno en Pontevedra e o Presidente da Deputación de Pontevedra.

    Redacción Salnés