A Policía Local ensina educación viaria no IES Asorey

    educacion_vial100.jpgCAMBADOS> Axentes da Policía Local de Cambados imparten hoxe e mañá, clases de educación viaria para 84 alumnos do Instituto Asorey.

    {flowplayer}images/salnes/educacion_vial.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Axentes da Policía Local de Cambados imparten hoxe e mañá, clases de educación viaria para 84 alumnos do Instituto Asorey. As clases están dirixidas a estudantes de 15 e 16 anos.

    A idea parte do profesorado do Instituto Francisco Asorey, para incluír no temario de Educación para a Cidadanía. O Xefe da Policía Local de Cambados e un dos seus compañeiros accederon voluntariamente a impartir unhas clases de Educación Viaria, a estudantes de quince e dezaseis anos. As clases de hoxe e mañá teñen mais dun interesante obxectivo a alcanzar. A estas idades hai pouca percepción do risco e son un colectivo moi susceptible de sufrir accidentes. O uso da bicicleta e a moto centran gran parte da charla.

    Os estudantes recibirán tamén unha guía e folletos con consellos que non deben esquecer unha vez finalizada a clase dos axentes. A través de diapositivas, con música e mensaxes dinámicas e claras, logran captar á atención dos asistentes e que a Educación Viaria en Valores, sexa de veras, efectiva. Un total de oitenta e catro alumnos e alumnas do Instituto Francisco Asorey, beneficiaranse destas prácticas clases de Educación Viaria, impartidas polos que mais saben do tema: os axentes municipais.

    Redacción Salnés