VILAGARCÍA > A Orde do Lagariño cumpriu esta fin de semana o seu segundo ano. Esta orde gastronomico- Cultural nomeou a sete novos cabaleiros e donas.
O pasado ano a Orde do Lagariño facia a súa aparición en sociedade nomeando os seus fundadores. Este ano celebrouse na Casa de Cultura de Pontevedra o segundo nomeamento no que sete persoas relacionadas co mundo do viño foron investidas cabaleiros e donas da Orde. O acto foi presentado pola nosa compañeira, a xornalista, Noelia González. Para darlles a benvida atopábase o cabaleiro de honra Don Camilo Camaño Xestido, pintor, escritor e Señor da Mangallona.
Comendador da Orde, Jesús Paz, foi colocando a capa os recen cabaleiros. Os afortunados foron o investigador da Estación de Viticultura de Ribadumia, Davis Landing, o fundador do grupo Os Xirifeiros, Diego Rubianes, a técnica de campo Montserrat González e o creador dos micrograbados en prancha de prata, Jose Luís Nogueira.
Tamén foron investidos : a especialista en cultura do viño Natalia Reboredo, o enólogo Ramiro Abuín e a reputada investigadora de variedades vitivinícolas, Mar Vilanova. Un ano mais os cabaleiros e Donas da Orde do lagariño continuaran a súa andaina apoiando as festas e celebracións que sexan fieis defensoras dos nosos productos de calidade ademais de fomentar a cultura vinícola entre os mais mozos.
Redacción Salnés