![]()
VILAGARCÍA > CC.OO. concentrou a unha vintena de delegados sindicais ante a empresa Cepillos Mariño …
… O sindicato denuncia o despido improcedente dun dos traballadores, que ademais era o seu representante sindical nesta empresa.
Francisco García Ríos era ata hai uns días traballador e delegado sindical de Comisións Obreiras na empresa Cepillos Mariño, situada no Alto do Pousadoiro, en Vilagarcía. Sindicato e traballador afirman que o despido é improcedente e que responde a unha represión sindical por parte da dirección da empresa. Segundo indican, o único que fixo este traballador foi iniciar o proceso de mellora do convenio colectivo.
Comisións Obreiras esixe a readmisión deste traballador, e mentres iso non suceda repetirán a diario concentracións como a celebrada este mediodía ante as portas da empresa. Apoiando a Francisco García estiveron delegados do sector da madeira e afíns.
Redacción Salnés









