Máis de 50 artistas revivirán os mellores musicais en Vilagarcía

musicais100.jpgVILAGARCÍA> Máis de 50 novos artistas revivirán no Auditorio de Vilagarcía os mellores números dos Musicais de onte e hoxe.

{flowplayer}images/salnes/musicais.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Despois de case dous anos de preparación, o sábado estréase no Auditorio de Vilagarcía o espectáculo Musicais de onte e de hoxe.

Nel participan máis de 50 artistas, de entre 5 e 26 anos, todos son afeccionados pero algúns xa contan cunha longa traxectoria no mundo da danza, do teatro e da canción. Dirixidos por Ricardo García, conforman o grupo de cantantes e de baile moderno da academia de animación sociocultural Nydia, de Vilagarcía.

O espectáculo arrancará ás sete e media da tarde e durante case dúas horas representaranse con voz en directo algúns dos números máis famosos de coñecidos musicais, como Jesucristo Superstar, Grease, Fama ou Cats, amais doutros máis recentes como Moulin Rouge, Mamma Mía ou High School Musical. Os decorados e o vestiario correu a cargo das asociacións Nydia e D’Vuena.

A entrada será libre, se ben se establece a xeito de colaboración un donativo de 5 euros.

Redacción Salnés