O BNG instará á Xunta a manter o Servizo Galego de Igualdade

    bngbarbanzaservizoigualdade_100_260410.jpgBARBANZA> O BNG do Barbanza presentará iniciativas nos catro concellos da comarca para instar á Xunta ó mantemento do Servizo Galego de Igualdade.

    {flowplayer}barbanza/bngbarbanzaservizoigualdade.flv{/flowplayer}

    O Partido Popular presentou un anteproxecto de lei para a supresión do Servizo Galego de Igualdade. Dende o BNG non están de acordo coa eliminación deste organismo autónomo que dende a década dos noventa viña traballando pola promoción da igualdade real de xénero.

    Tan só na anterior lexislatura, a través deste servizo, leváronse a cabo varias iniciativas e aprobáronse as Leis de Traballo en Igualdade e a de Prevención e Tratamento Integral da Violencia de Xénero.

    Plan de austeridade

    A Xunta de Galicia decidiu suprimir este servizo e outros organismos co fin de acurtar gastos reducindo a administración paralela. Un pretexto que, segundo os nacionalistas, pretende xustificar baixo o símbolo da austeridade un novo recorte dos dereitos sociais.

    As agrupacións nacionalistas de cada un dos catro concellos do Barbanza levarán a pleno unha iniciativa para instar á Xunta ó mantemento deste servizo.

    Redacción Barbanza