Alarma entre os comerciantes da Pobra ante unha nova vaga de roubos

    POBRA> Unha nova vaga de roubos está xerando malestar entre os comerciantes de Pobra. Nas últimas semanas foron varios os furtos realizados en diversos establecementos. O último sucedía nunha lencería da rúa principal da vila. A situación estáse volvendo insostible para os comerciantes da Pobra. O malestar e o temor, aumentaron nas últimas semanas tralo aumento os roubos en tendas e locais hosteleiros do centro da vila. A lencería Titi, ubicada na Rúa GAsset, en pleno centro da Pobra, foi a última tenda vítima dun roubo con forza. O ladrón rompeu hai dous días este cristal cunha pedra de gran tamaño para acceder ao interior. O único botín que levou foi unhas moedas que tiñan para o cambio. Iso sí. O botín que levaron foi unicamente unhas moedas que tiñan na establecemento para o cambio. É o segundo roubo que sufre este negocio nos últimos tres meses. A garda civil trata de localizara o delincuente, ao que xa ten identificado. Trátase dun individuo con antecedentes por feitos similares. Desde Asociación do Pequeno Comercio da Pobra considera que a xustiza debería ser máis contundende, e que se senten desprotexidos.