![]()
BOIRO> Un mozo boirés de 21 anos, con iniciais M.S.S., continúa en estado moi grave ingresado no Hospital Clínico de Santiago, a consecuencia dun accidente. O suceso producíase na madrugada do sábado ó domingo, nunha estrada local no lugar de Runs.
{flowplayer}barbanza/accidenteruns.flv{/flowplayer}
Esta mañá na zona, unha estrada local no lugar de Runs, aínda eran evidentes os signos do accidente, con anacos do vehículo por toda a zona.
No interior do turismo, un Renault 21, con placas de matrícula C-3318-AM, tamén viaxaba outro mozo de Boiro. Trátase de M.O.P. de 19 anos, que resultou ferido sen consideración. Este último era ademais o condutor do vehículo e foi tamén a persoa que alertou ós servizos de emerxencia.
Os servizos de emerxencia que se achegaron á zona para participar no operativo de rescate non o tiveron nada sinxelo, xa que o coche atopábase nun lugar de dificil acceso, no fondo dun terraplén, ó lado dun río.
Redacción Barbanza









