O concello boirés considera prioritario recupera-lo bordo litoral do municipio

    BOIRO > O concello de Boiro continúa co seu proxecto de rexeneración do seu litoral.  Os paseos marítimos de Escarabote, o Río Coroño, a Ribeira Grande e a rexeneración de Barraña ou do Esteiro son proxectos que se atopan nun avanzado estado de tramitación. O obxectivo é recuperar integramente os trinta e sete quilómetros de costa que bordean este municipio barbanzán.

    A rexeneración do litoral boirés é unha das prioridades do equipo de goberno que segue a traballar no deseño de paseos marítimos ó longo de toda a costa. Na actualidade, o proxecto de rexeneración da praia de Barraña atópase concluíndo a súa fase de licitación mentres que o de Escarabote atópase en fase de exposición pública de cara á súa próxima adxudicación. as actuacións proxectadas para a recuperació do Río Coroño e a enseada de Esteiro atópanse inmersas na fase de expropiación de terreos. Pola contra, na Ribeira Grande estase a piques de concluír a obra.

    O concelleiro de Obras, Xoán Xesús Ares, destacou a importancia destas actuacións que supoñen unha costosa labor para a consecución dos terreos así coma un importantísimo desembolso económico.

    Ares agradeceu así mesmo o interese do goberno central de cara ó municipio boirés coa financiación de importantes proxectos de recuperación costeira pero incidiu na necesidade de seguir traballando noutros areais como Mañóns ou A Retorta.

    Por outrabanda, o edil e Obras instou ós veciños a colaborar na cesión dos terreos para facer posibles este tipo de obras tan necesarias par ao municipio. neste sentido, destacou o caso do paseo marítimo de Escarabote, no que chegouse a acordo co cen por cen dos veciños.

    Redacción Barbanza