NOIA> Satisfacción entre o sector do mar ante a aprobación da Lei de Pesca Sostible que recolle a ampliación do coeficiente redutor da idade mínima de xubilación para as mariscadoras a oé. Esta medida implicará que poidan retirarse catro anos antes, ó igual que os mariñeiros, satisfacendo así unha reivindicación histórica do sector.
Preto de 5000 mariscadoras a pé, redeiras, mergulladores e recoletores de algas de Galicia beneficiaranse da ampliación do coeficiente redutor recollida no proxecto de Lei de Pesca sostible que vén de ser aprobada polo Consello de Ministros. Esta medida reducirá en catro anos a idade de xubilación destes colectivos que levan anos demandando que se recoñeza a dureza do seu traballo. Así llo trasladou o secretario xeral do PSdeG na xuntanza mantiada esta mañá coa asociación Mulleres Salgadas e mariscadores de Muros-Noia.
A conta pendente é, agora, incorporar tamén ás bateeiras, algo que intentará o partido socialista na tramitación das emendas agora que a lei inicia de emendas posto que a lei inicia o seu debate parlamentario
Ademais desta demanda histórica que supón un gran paso cara a igualdade laboral, a nova lei regulará unha utilización máis eficiente das cotas cun sistema máis flexible e abrindo a posibilidade de retirar cotas a quen non as utilice.