Vilagarcía engalánase coa Festa dos Maios

maios_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> Maios cónicos, artísticos, cruces, caixas e barcos… tódalas modalidades se expuxeron no Parque de Miguel Hernández.

{flowplayer}images/salnes/maios_vilagarcia.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Maios cónicos, artísticos, cruces, caixas e barcos… tódalas modalidades se expuxeron no Parque de Miguel Hernández.

Os colexios Piñeiriño, A Escardia, A lomba, Vagalume e San Francisco participaron coas súas composicións. Estiveron expostas ata as oito e media da tarde. Tamén algún particular mostrou traballos florais que luciron xunto aos dos colexios.

O certame non ten carácter competitivo pois a concellería de Cultura, pretende favorecer a participación e a recuperación desta antiga tradición popular dos Maios, relacionada coas celebracións da chegada da primavera e os pregos e agradecementos polas boas colleitas. De feito, a tódolos participantes, que cumpriron as bases do certame, se lles entregou como agasallo unha achega económica e unha rosca. Os premios oscilaron entre os corenta e os tres centos euros, dependendo do número de integrantes do grupo que fai o maio e de si participan con ou sen cántiga.

A interpretación das coplas alusivas a estes Maios estiveron representadas polo grupo que se encargou da confección dos traballos florais.

Redacción Salnés