Xoán Fernández, A Pousada e Ana Romaní reciben os Premios Barbantia 2019

BARBANZA> A Asociación Cultural Barbantia celebrou esta pasada fin de semana en Boiro o acto de entrega dos premios da Cultura 2020. Nesta edición, os galardóns recaeron no pintor ribeirense Xoán Fernández, a poeta noiesa Ana Romaní e a Sala de Concertos A Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro.

É xa unha das citas máis importantes do Barbanza no eido cultural. A entrega dos premios Barbantia celebrada esta pasada fin de semana na casa de cultura de Boiro reuniu a numeroso público, entre os que se atopaban, ademais de representantes do tecido cultural da comarca, varios alcaldes, como é o caso do de Rianxo, Boiro e Noia, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, ou o director xeral de Política Linguística, Valentín García. Na edición deste ano resultaron premiados pintor ribeirense Xoán Fernández, a poeta noiesa Ana Romaní e a Sala de Concertos A Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. Todos eles agradeceron o galardón, referíndose á importancia e ó traballo da asociación Barbantia en favor da cultura, non só da comarca, senón a nivel xeral.

O acto serviu tamén de sentida lembranza para a edil sonense, Ánxela Franco, falecida este ano, e con anterioridade á entrega de premios tivo lugar a presentación do Anuario de Estudos do Barbanza que chega este ano a súa décimo quinta edición.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí