Puertas presenta a súa candidatura cun proxecto ‘aberto a todos’

    puertas_pp_copia100.jpgVILAGARCÍA> Javier Puertas entra na política con 100 avais e o apoio dos pesos pesados do Partido Popular. Pérez Arca, Alberto Gallego, Jorge Baliña, Cristina González e Mar Viqueira forman o seu equipo electoral.

    {flowplayer}images/salnes/CANDIDATURA_PUERTAS.flv{/flowplayer}

     Esta fin de semana confirmouse o rumor que circulaba por Vilagarcía dende a chegada de Javier Puertas á presidencia do Porto. Unha sospeita que levaba toda a semana collendo máis forza mentres o protagonista nin confirmaba nin desmentía ata o sábado, momento no que iniciou a súa carreira política como vilagarcián adoptivo.

    Coa súa candidatura Puertas quere construír un partido forte, unido e moderno, que poda xestionar o despegue definitivo de Vilagarcía. Así preséntase cun equipo formado por Pérez Arca, que formara parte do grupo de Tomás Fole, o avogado Alberto Gallego, o experto en seguridade Jorge Baliña, a atleta Cristina González e a pedagoga Mar Viqueira. Subliñou que o seu proxecto non está baseado en personalismo, senón con un equipo plural que escoite e traballe por todos.

    O presidente da Autoridade Portuaria destacou que chegou o momento de demostrar ós afiliados, simpatizantes e a toda a cidadanía en xeral, que existe outra forma de facer política.

    Puertas explicou que agora ten ata o día 24 para presentar os 50 apoios necesarios para ser precandidato. Sen embargo deu un golpe de efecto ó anunciar que xa reuniu 100.

    Militante do Partido Popular dende 1993, Javier Puertas habilitou un correo electrónico e unha conta na rede social Facebook para que todos os interesados lle mostren a súa opinión.

    Ante as preguntas dos xornalistas de se, en caso de vitoria nas eleccións á alcaldía, uniría ó seu equipo de goberno a IVIL, Puertas sinalou que o PP está aberto a calquera cidadán que poida axudar ó desenvolvemento de Vilagarcía.

    Redacción Salnés