Misión imposible para un Extrugasa que visita ó líder

VILAGARCÍA> Os dous equipos do Salnés que xogan en competicións nacionais deberán enfrontarse este semana ó líder da súa liga. Na EBA, o Xuven visita ó Recinor Ferrol mentres que o Extrugasa viaxa a Salamanca para xogar co Perfumerías Avenida.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_040311.flv{/flowplayer} 

Misión imposible para o Extrugasa mañá sabado ante o líder da liga. O Perfumerías Avenida, ademais de levar 18 victorias en 19 partidos, ven de meterse na Final Four da Euroliga por segunda vez na súa historia, algo que fala as claras do gran estado polo que atravesa un equipo plagado de estrelas.

No cadro visitante a semana estivo marcada pola marcha de Marta Blanes. O Extrugasa perde un efectivo, en vez de nove serán agora oito na rotación pero, segundo Tito Díaz, iso pode ter a súa componente positiva. 

No partido de ida anta o Avenida o Extrugasa deu a cara, sobre todo na pintura, onde foron quen de deixar á MVP da liga, Sancho Lytlle, en -1 de valoración. De tódolos xeitos a caribeña non será a única ameaza. Xunto a ela no xogo interior Erika de Souza é unha das pivots máis dominantes de Europa. Internacionais da calidade de Anna Montañana, Alba Torrens ou Silvia Domínguez, fan ó equipo temible tamén por fóra. 

Na Liga EBA o Xuven busca recuperar a súa identidade logo de dous partidos nos que deixouse levar ó ver que o terceiro posto na táboa xa era imposible. Visitan mañá ó líder Recinor Ferrol, un conxunto que só perdeu un partido no que vai de ano. Os de Diego Doval tentarán dar a sorpresa e acadar unha victoria de renome.

Redacción Salnés