Boiro celebrará este domingo a súa carreira popular

BOIRO> A organización agarda superar o número de participantes de anos anteriores. Os interesados dispoñen de prazo ata mañá xoves para formalizar a súa inscrición na proba. Esta mañá presentábase en Boiro unha nova edición, e xa van nove, da carreira popular ‘Mar de Boiro. 7º Memorial Pepe Buceta’. A proba, que xa se converteu nun clásico no calendario deportivo galego, desenvolverase este domingo 15 de decembro a partir das once da mañá. As persoas interesadas aínda poden realizar a correspondente inscrición, no departamento de Deportes boirense ou ben na web de Championchip. O prazo rematará mañá xoves. A día de hoxe xa hai anotados máis de 350 participantes. A proba está organizada polo departamento de Deportes do concello de Boiro e conta co patrocionio de diferentess casas comerciais. Dende a organización agardan superar o número de participantes do pasado ano e que a proba se converta nunha gran festa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/11/presentacioncarreirapopularboiro111213.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/12decembro/11/presentacioncarreirapopularboiro111213.mp4{/flowplayer}