Os administradores de fincas buscarán solucións á crise

    congreso_administradores_copia100.jpgSANXENXO> Esta mañá presentouse na Sede Náutica de Caixa Galicia en Sanxenxo, o décimo sexto Congreso Nacional de Administradores de Fincas. Durante os días 13, 14 e 15 deste mes, celebraranse seis ponencias técnico – científicas.

    {flowplayer}images/salnes/ADMINISTRADORES_FINCAS.flv{/flowplayer}

    O obxectivo do Congreso é lograr desenvolver e poñer ó día as últimas cuestións de relevancia no sector. Un ano máis, Caixa Galicia volve ser un dos principais patrocinadores do Colexio de Administradores de Fincas, a través do gran coñecemento que a entidade ten do sector inmobiliario. Deste xeito dende a Caixa animan ós administradores a debater sobre os novos retos. Para elo, o director adxunto de Caixa Galicia, Julio Rivero, deu a coñecer uns datos que deixan entrever un tímido repunte do mercado da vivenda.

    Dende o Colexio Oficial de Administradores de Fincas, sinalan que nos atopamos nun momento cambiante, que está a esixir un esforzo maior ós propietarios para facer fronte ós retos da crise económica.

     Está previsto que participen no congresos preto de 300 persoas entre congresistas e acompañantes. Acudirán a 6 ponencias nas que se tratarán temas como a eficiencia enerxética, a lei omnibus, os propietarios como titulares de crédito ou as novas tecnoloxías.

    Durante o 13, 14 e 15 de maio, os participantes tamén contarán cun programa de actividades lúdicas, como a asistencia á Misa do Peregrino, unha ruta pola ría de Arousa e a degustación de produtos típicos da zona.

    Redacción Salnés