O condutor do Chiquitren denuncia un abuso da autoridade de Tráfico

    chikitren_copia100.jpgVILANOVA> Víctor Abal asegura que a Benemérita lle multou en dúas ocasións por circular por lugares por onde non pasa co Chiquitren. Trátase de dúas sancións da Garda Civil de Tráfico por un importe total de case 4.000 euros.

    {flowplayer}images/salnes/MULTAS.flv{/flowplayer}

    Desmoralizado. Así se atopa o condutor do Tren Turístico de Vilanova despois de recibir dúas multas da Garda Civil de Tráfico por un importe total de case 4.000 euros. Os feitos sucederon o pasado mes de abril, cando a benemérita parou Víctor Abal no casco urbano vilanovés e lle solicitou a documentación do Chiquitren. Tráfico recollía que o tren percorría o tramo ata o hotel Dinaján, fóra da súa ruta habitual. Abal mantén que isto é mentira.

    Segundo recolle a primeira multa, débese identificar ó condutor. Con retranca Víctor Abal explica que non lle escapou da Garda Civil co Chiquitren. Asegura que a xente do hotel que vai facer a ruta turística acceder ó aparcadoiro do tren no Terrón a través dun camiño por detrás do edificio. Esta afirmación foi confirmada polos traballadores do Hotel Dinaján que puntualizan que o tren nunca chega ata a porta do mesmo.

    Víctor Abal denuncia un abuso de poder por parte da Garda Civil. Ós 450 euros da primeira multa súmase 3.500 dunha sanción remitida por Transportes.

    O condutor do tren turístico sinalou que ten o caso nas mans do seu avogado.

    En caso de que Víctor Abal non pague a multa, lle precintarán o tren turístico durante 6 meses.

    Redacción Salnés