A Xunta reforzará o control sobre o furtivismo

    VILAGARCÍA> O vicepresidente da Xunta e a conselleira do Mar ratificaron, esta mañá, o compromiso da Policía autonómica e de Gardacostas na loita contra o furtivismo. Unha práctica ilegal sobre a que se reforzará o control, sobre todo nos bancos marisqueiros, nas estradas e nas lonxas. 

     

    A reunión que mantiveron esta mañá no Intecmar de Vilaxoán o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda,  e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, que tivo como finalidade a sinatura de un convenio que ratifica o compromiso de intensificar o control sobre o furtivismo, que ademais permita garantila seguridade alimentaria. 

    A conselleira do Mar recordou que dende o 2009 colaboran a Policía Autonómica e o Servizo de Gardacostas para traballar a prol dos intereses do sector do mar. Unha colaboración positiva, segundo a conselleira, que reflicte datos  favorables. 

    Posteriormente a sinatura do convenio, e aproveitando a estadía en Vilaxoán, o vicepresidente ea titular do Mar, acompañados polo delegado da Xunta na provincia, José manuel Cores Tourís, mantiveron un encontro con membros da asociación mexilloeira “Ventos da Ría”, e visitaron unha das súas bateas. Rosa Quintana destacou a importancia deste sector, do que recalcou que o valor da súa produción no pasado ano pasado superou os 110.000 millóns de euros. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/10/furtivismo_vilagarcia _600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/10/furtivismo_vilagarcia.mp4{/flowplayer}