Sanxenxo busca en Fitur atraer visitantes os 365 días do ano

MADRID> Un dos concellos da comarca do Salnés con nome propio en Fitur é Sanxenxo. O municipio segue a promocionarse en Madrid co obxectivo de atrae-los visitantes os 365 días do ano.

Para o sector, Fitur serve de termómetro de como irá o ano. Falan xa de boas previsións para o verán e para a Semana Santa.

Dende CETS aplauden, ademais, o espazo que Galicia lle reserva ao municipio no stand da comunidade.