Vilanova Centro reuniuse co alcalde polo Centro Comercial

    vilanova_centro_copia100.jpgVILANOVA> Sobre a mesa de reunións do Concello de Vilanova, prantexáronse asuntos como o acordo adoptado entre o colectivo de comerciantes Vilanova Centro e Desarrollos Vilanova e os postos de traballo que vai crear a área comecial.

    {flowplayer}images/salnes/VILANOVA_CENTRO.flv{/flowplayer}

     Sobre a mesa de reunións do Concello de Vilanova, prantexaranse asuntos como o acordo adoptado entre o colectivo de comerciantes Vilanova Centro e Desarrollos Vilanova, o futuro espazo de 1.700 metros cadrados da área comercial, os empregos que vai xerar e o apoio do comercio local. Na Asemblea do venres os comerciantes aprobaron por unanimidade firmar o acordo e incluso, afirman que pola rúa os veciños apoian a decisión.

    A través deste acordo, os comerciantes interesados en abrir un local no centro comercial van ter preferencia para elixir a zona e descontos no alquiler. Deste xeito, Desarrollos Vilanova pasará a ser socio de Vilanova Centro.

    Dende a asociación de comerciantes sinalan que os socios ou non socios que estean interesados en entrar no convenio, teñen ata agosto para entrar no paquete.

    Fai unha semana o alcalde vilanovés afirmara que existen 5 negocios interesados en trasladarse ó centro comercial.

    Vilanova Centro non quere facer declaracións sobre as declaracións feitas polo Consorcio de Comerciantes do Salnés.

    Redacción Salnés