Os socialistas piden ó concello a posta en marcha dunha web municipal

    psoepobra.jpgPOBRA> O PSOE insta ó concello a elaborar unha páxina web que conteña toda a información municipal e permita ós cidadáns interactuar coa administración.

    {flowplayer}barbanza/webpobra.flv{/flowplayer}

    Dende a agrupación socialista non entenden como en plena era da sociedade da información o concello da Pobra non dispón aínda dunha ferramenta tan básica como unha páxina web. Deste modo, os cidadáns non poden consultar a información municipal en tempo real nin se lles permite interactuar aportando as súas queixas ou suxestións.

    Os socialistas apostan polas potencialidades das redes sociais e dos espazos de consulta en internet polo que a súa formación xa conta cun blog e cun perfil en facebook con máis dun milleiro de seguidores.

    En fase de elaboración

    Dende o concello informaron de que xa se está a traballar na elaboración dunha web completa que facilite información de xeito actualizado. De momento, xa ten en funcionamento espazos webs de deportes, do CAD e do Museo Valle-Inclán que rexistran un importante número de entradas.

    Redacción Barbanza