Máis de 80 hectáreas ardidas no incendio de Porto do Son

PORTO DO SON> A comarca do Barbanza está a sufrir unha nova praga de incendios. Hoxe localizáronse un total de sete lumes, pero o máis forte sitúase en Porto do Son. Comezou na parroquia de Miñorto e xa leva ardidas 80 hectáreas.

En total son oito os lumes que se declararon hoxe na comarca do Barbanza, pero o máis importante encóntrase en Porto do Son. Segundo cifrou Medio Rural, xa levan ardidas máis de 80 hectáreas.

Dende esta mañá, traballan na extinción do incendio nove axentes forestais, trece brigadas, nove motobombas, dúas pas, cinco avións e catro helicópteros. Dada a gravidade do lume, ó mediodía sumouse as tarefas de extinción á Unidade Militar de Emerxencias, UME.

O lume cercou varias aldeas do municipio sonense, así o relata unha das veciñas afectadas.

A alertas saltaban preto das 6 da mañá. A Garda Civil avisaba ós veciños de que tiñan ó lume preto das súas casas.

Traballadores, voluntarios e veciños están a traballar arreo para tratar de controlar o incendio.