RIBEIRA> O concello de Ribeira acometerá o acondicionamento da Casa da Cultura de Castiñeiras e a súa contorna. Así o acordou a corporación de xeito unánime a raíz dunha proposta do Partido Popular.
A corporación de Ribeira aprobou por unanimidade unha moción do PP par mellorar a contorna da Casa de Cultura de Castiñeiras. En concreto, solicitaban a instalación dunha varanda na baixada car ao adro da igrexa así como diversas actuacións de mantemento na propia instalación.
Demandan tamén que se habiliten espazos para o estacionamento nunha parcela anexa de titularidade privada, para o que propoñen chegar a acordo cos propietarios.











