![]()
SANXENXO> O Xerente de Atención Primaria de Pontevedra, acompañado da alcaldesa, visitou as instalacións do novo centro. Manuel Castro asegura que vai facilitar a asistencia sanitaria.
{flowplayer}images/salnes/CENTRO_SAUDE_VILALONGA.flv{/flowplayer}
Esta mañá, o xerente de atención primaria asistiu á apertura asistencial do novo centro de saúde de Vilalonga, xunto con Catalina González e varios representantes do goberno municipal. Manuel Castro Pazos, coñeceu de primeira man os servizos que se están a prestar nesta instalación, con preto de 800.000 euros de inversión.
Segundo o xerente, o obxectivo deste centro de saúde é facilitar ós veciños a súa asistencia sanitaria. Vai dar servizo a máis de 3.000 persoas a través de 7 profesionais. A súa área de cobertura, tamén chega a O Grove e Meaño.
A alcaldesa de Sanxenxo, salientou que é fundamental para a localidade que estea dividida en dúas zonas sanitarias, xa que vai facilitar a optimización dos servizos.
Catalina González sinalou que se vai proceder ó cambio de cartilla sanitaria, pero que aquelas persoas que queiran volver ó centro de saúde de Baltar, poderán solicitalo sen problema.
O xerente de atención primaria informou que en verán vaise producir un reforzo de 4 profesionais en Baltar.
Redacción Salnés









