![]()
PONTEVEDRA> Na provincia de Pontevedra o primeiro día das rebaixas estivo marcado pola folga do téxtil.
{flowplayer}images/salnes/REBAIXAS010710.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA> Na provincia de Pontevedra o primeiro día das rebaixas estivo marcado pola folga do téxtil. Ó longo de toda a mañá, os piquetes estiveron desde primeiras horas do día diante dos comercios para obrigar as dependentas a pechar as súas portas.
Unha suba salarial e que as horas extras sexan mellor pagadas son algunhas das peticións dos traballadores do téxtil que se manifestaron esta mañá polas rúas de Pontevedra. Unhas negociacións que xa comezaron fai quince meses. Os afectados aseguran que de continuar a situación como ata o de agora, continuarán convocando mobilizacións ata que lle ofrezan unha solución.
Pola súa parte, os que tiveron que padecer esta folga foron todas aquelas persoas que se achegaron ata Pontevedra para facer as súas primeiras compras o día de comezo das rebaixas.
En definitiva, o que demandan os traballadores do téxtil é conseguir un convenio xusto e mellores condicións laborais.
Redacción Salnés









